jueves, 2 de noviembre de 2023

Aniversario Martina

 Na aula de cinco anos aínda nos quedaron ganas de festa e hoxe celebramos o cumple de Martina. 


                                 MOITOS PARABÉNS!




SAMAÍN

Un ano máis as aulas de infantil enchéronse de monstros, esqueletos, vampiros, bruxas e demais criaturas para celebrar o Samaín. 






lunes, 23 de octubre de 2023

ANIVERSARIOS DE EIRE E THIAGO

Estes días na aula de 5 anos estivemos de festa cos aniversarios de  Thiago e de Eire. Comimos uns biscoitos ben ricos e, por suposto, tamén tivemos moita música de Samaín. 





jueves, 5 de octubre de 2023

Aniversarios de Darío A. e Uxía I.

 Na aula de 5 anos os últimos meses do ano veñen cargadiños de aniversarios... comezamos o mes de outubro cos cumples de Darío e Uxía pero aínda nos quedan máis. 

Como nós gustan estas festas para compartir merendas e  bailes!!




SAÍDA Á POLICÍA LOCAL

 Como todos os anos a Policía Local de Santiago pon en marcha un programa sobre Educación Viaria para os nenos e nenas de 5 anos. 

Este ano puidemos ir ao recinto feiral de Amio para converternos en conductores e peóns e así coñecer un pouquiño máis cales son as normas de circulación que nos afectan. 

Que ben o pasamos e canto aprendimos!!










lunes, 25 de septiembre de 2023

ANIVERSARIO DE MATILDE

 Na aula de 5 anos comezamos o novo curso co aniversario de Matilde que se une aos seus compañeiros/as que teñen 5 aniños. Como sempre, celebrámolo cun delicioso biscoito que compartimos á hora da merendeda e moitos bailes antes de saír ao patio. 

                       

PARABÉNS MATILDE!



domingo, 24 de septiembre de 2023

BENVIDOS!

Un novo curso comeza nas aulas de infantil e aquí vos deixamos unha mostra destes primeiros días de reecontros, coñecer novos espazos e amigos... foron uns días de moitos nervios e emocións que xa están superados con éxito!